A.N.I.A. - inicioQué es ANIA - Envía tus noticias - Contacto - Boletín - RSS


Debate sobre un proyecto de Radio Libre y Comunitaria para El Ferrol y su entorno.
Recibida de Radio Libre Ferrol el 05-12-2003 a las 10:12

Asembleas abertas para unha rádio libre en Ferrolterra.

O pasado VENRES 28 de NOVEMBRO ás 20:00 HORAS no SALÓN DE ACTOS do ATENEO FERROLÁN (Rúa Magdalena, 202-204), apresentouse públicamente para o seu debate un proxecto de RADIO LIBRE E COMUNITARIA para Ferrol e o seu entorno.

Nesa asemblea aberta, ademáis de delimitar en que contexto das radios comunitarias ou libres queremos estar, formalizaronse comisións de traballo de persoas activas, para esta primeira etapa: divulgación do proxecto, constitución dunha asociación cultural, asesoramento legal, técnico, procura dun local, fórmulas de financiamento. Cremos firmemente, de aí­ a nosa ilusión e empeño, que a materialización deste proxecto constituirí­a un punto de encontro para todos aqueles colectivos que hoxendí­a dinamizan Ferrolterra dende abaixo.

As radios libres, comunitarias, culturais ou alternativas,responden a experiencias de comunicación horizontal baseadas na procura de novas fórmulas de relación entre comunicador e ouvinte, donde a interacción, a estimulación da diversidade cultural, a experimentación ou a aposta pola autoxestión, fronte o patrocinio institucional ou de influintes corporacións, se convierten en protagonistas.

O vindeiro VENRES 12 de DECEMBRO NO ATENEO FERROLÁN, haberá unha nova ASEMBLEA ABERTA, na que se formalizará un plan de traballo para os vindeiros meses, cun obxectivo moi claro: o financiamento neste primeira etapa.

Difunde esta mensaxe entre tod@s aquelas persoas ou colectivos que, dende a súa posición e posibilidades, poidan contribuir a facer realidade este proxecto de radio feito dende abaixo por tod@s nós.




Compartir
Más en Radios y corresponsales
- El Sindicato de Periodistas de Andalucía, contra la eliminación de los informativos de fin de semana en Canal Sur Radio
- La FeSP rechaza y condena las amenazas de Israel a los periodistas de la Flotilla de la Libertad
- El Secretario General de Naciones Unidas se compromete a defender la libertad de prensa ante Reporteros Sin Fronteras
- VIII Festival Almenara. 24, 25 y 26 de junio
- Radio Utopía: se amplía el plazo de recepción de trabajos para el VII Concurso Internacional de Maquetas hasta el próximo 30 de Junio
- Irán: Muere el periodista Hoda Saber tras iniciar una huelga de hambre
- Siria: Apoyo incondicional a los blogueros que corren un grave riesgo por informar
- Estados Unidos: El departamento de Justicia pide a un periodista que revele sus fuentes
- Ante la indiferencia de la comunidad internacional, los gobiernos de Bahréin y de Yemen continúan su represión selectiva
- Venezuela: Asesinado Wilfred Ojeda Peralta, articulista de ‘El Clarín’

URCMA.N.I.A. es un proyecto de la Unión de Radios Libres y Comunitarias de Madrid