A.N.I.A. - inicioQué es ANIA - Envía tus noticias - Contacto - Boletín - RSS


Chamados a declarar ante o xuíz por un acoso sexual en Citroen
Recibida de CGT-Vigo el 22-11-2006 a las 03:11

No pasado mes de xullo a Sección Sindical da CGT en Citroen veuse obrigada a ter que facer unha denuncia pública, ante os traballadores da factoría do grupo PSA-Peugeot-Citroen de Vigo, polo acoso sexual o que estaba a ser sometida unha compañeira por parte do seu mando inmediatamente superior, un ADP (Axudante de Producción)

Esta compañeira puso en coñecemento dos mandos superiores da empresa o que estaba a acontecer, e pedindo solucións. A falla de respostas satisfactorias por parte da empresa para evitar que seguira sufrindo este acoso, fixo necesaria a intervención da Sección Sindical da CGT na empresa.

Tras entrevistarse cos responsables de persoal de Citroen tampouco conseguiuse respostas satisfactorias, polo que o Sindicato acorda facer público o que esta a acontecer , o mesmo tempo que presenta denuncias ante a Inspección de Traballo polo mesmo.

O reparto desta información entre o cadro de persoal da empresa trae como consecuencia posterior a presentación dunha quérella criminal por calumnias por parte do acosador contra a acosada e varios membros máis da CGT en Citroen.

Maña, dí­a 23 de novembro, e a partir das 11:00 horas son chamados a declarar ante o Xulgado de Instrucción nº 2 de Vigo ( c/ Lalí­n, nº 4, Edificio Novo) os compañeiros e compañeiras denunciados/as

Compañeiros e compañeiras da CGT estaremos acompañando a estes denunciados. Na CGT pensamos que actitudes como a de este acosador non deben quedar impunes, nin sen a denuncia pública pertinente, para que faga desistir de actitudes semellantes a calquera outra persoa impresentable, tentadas a facer un abuso da súa posición dominante en calquera eido.

Na empresa viguesa Citroen teñen mal asumido o incremento de persoal feminino nas súas instalacións. Non é este o único caso de acoso sexual, sen embargo seguen reticentes a por as medidas e medios necesarios para que esto deixe de acontecer . Non deberan ignorar o que está a pasar nas súas instalacións. Non poden agochar as súas responsabilidades e deben investigar tódalas denuncias e queixas que se reciban. Non deberan respaldar os mandos solo por selo, e ser máis consecuentes coas súas responsabilidades co persoal o seu servicio.

Atte.
Javier Prieto Estévez
Sª Acción Sindical CGT-Vigo




Compartir
Más en Social y sindicatos
- El Sindicato de Periodistas de Andalucía, contra la eliminación de los informativos de fin de semana en Canal Sur Radio
- Los opositores a bombero vuelven a concentrarse en protesta por el proceso selectivo
- CCOO de Madrid participará en la manifestación del Orgullo LGTB 2011
- La FeSP rechaza y condena las amenazas de Israel a los periodistas de la Flotilla de la Libertad
- La plantilla de Zara dice ¡basta ya!
- Despedidos los trabajadores en huelga del Departament de Territori
- El Gobierno impone más recortes salariales a los trabajadores de mutuas de accidentes y enfermedades profesionales de la Seguridad Social
- III Jornada Sindical sobre Diversidad Afectivo-Sexual e Identidad de Género: “Necesidades y respuestas sociosanitarias”
- Muere otro trabajador por falta de medidas de seguridad
- CCOO se concentra contra los constantes incumplimientos de la normativa laboral en H&M

URCMA.N.I.A. es un proyecto de la Unión de Radios Libres y Comunitarias de Madrid