A.N.I.A. - inicioQué es ANIA - Envía tus noticias - Contacto - Boletín - RSS


Manifestación contra a Reforma Laboral
Recibida de CGT-Vigo el 07-06-2006 a las 10:06

A CGT máis a CUT convocan unitariamente unha MANIFESTACIÓN que co lema de " CONTRA A REFORMA LABORAL, LOITA SINDICAL E SOCIAL" , terá lugar en Vigo, o vindeiro xoves, día 8 de xuño, ás 20:30 horas, e con saída desde o cruce de Urzáiz e Vía Norte, rematará na Pta do Sol.

O principal motivo desta manifestación e expresar a nosa oposición a unha reforma laboral que abonda aí­nda máis nos principais puntos das anteriores, e que polo tanto, e previsiblemente, será tamén un novo fracaso para frear precariedade laboral e as súas funestas consecuencias de sinistralidade.

Unha vez máis o abaratamento do despido, bandeira principal da patronal, logra un importante avance o, na práctica, universalizar o contrato de fomento de emprego, coa súa caracterí­stica de reducir a 33 dí­as por ano traballado a indemnización por despido por causas obxectivas, esa é a estabilidade que nos prometen.

Os empresarios enchen aí­nda máis as súas bolsas o conseguir incrementar as reduccións nas cotizacións sociais por unha banda, e incrementar as subvencións as contratacións en cantidade e en duración,por outra, todo esto, claro está, en detrimento do patrimonio de todos que é o Erario Público.

A patronal consigue un obxectivo máis, como é a eliminación da sobrecota coa que se viñan gravando ás ETT´s, co cal é de esperar un progresivo aumento da contratación por esta ví­a, co que conleva de falta de dereitos e precariedade.

A subcontratación, unha das maiores problemáticas laborais actuais xa que as empresas pretenden eludir así­ case todas as súas obrigas, só queda suxeita a un leve control, o ter que ser rexistradas nun libro de rexistro se comparten un mesmo centro de traballo a empresa principal e a subcontratada; así­ como mellora algún dereito sobre información sindical do Comité da empresa principal se a subcontrata no tivera representación sindical.

Si que se mellora claramente en algo, as prestacións en caso de perda do emprego, aumento do suposto de cobro do subsidio do desemprego para os maiores de 45 anos sen cargas familiares, e as prestacións do FOGASA, en caso de que os empresarios non se fagan cargo das súas obrigas salariais e indemnizatorias, que tamén aumentan as cantidades a percibir.

Como se ve unha nova e grande agresión a clase traballadora, unha nova traición sindical dos sindicatos institucionais, unha nova pasadora na torca que ven a empeorar os nosos dereitos e condicións laborais, un novo saqueo das arcas públicas para o único beneficio privado, un avance máis das polí­ticas chamadas neoliberais que non son máis que o avance do capitalismo máis puro e duro.

Fronte a esta situación, a CGT e a CUT, chaman aos traballadores a rebelarse contra este acordo, a manifestar a súa desconformidade, a loitar en tódolos eidos, laborais e sociais, contra esta Reforma Laboral, a superar onde se poida os lí­mites aquí­ definidos, e a rachar ese suposto espí­rito conformista que parece atenazar a esta sociedade.

Por todas estas razóns chamamos a participar na manifestación contra a reforma laboral do vindeiro xoves 8 de xuño.

En Vigo, a 6 de xuño de 2006

Pola CGT
Javier Prieto
Sª de Acción Sindical CGT-Vigo

Pola CUT
Arximiro Blanco
Responsable de Comunicación de CUT- Vigo




Compartir
Más en Social y sindicatos
- El Sindicato de Periodistas de Andalucía, contra la eliminación de los informativos de fin de semana en Canal Sur Radio
- Los opositores a bombero vuelven a concentrarse en protesta por el proceso selectivo
- CCOO de Madrid participará en la manifestación del Orgullo LGTB 2011
- La FeSP rechaza y condena las amenazas de Israel a los periodistas de la Flotilla de la Libertad
- La plantilla de Zara dice ¡basta ya!
- Despedidos los trabajadores en huelga del Departament de Territori
- El Gobierno impone más recortes salariales a los trabajadores de mutuas de accidentes y enfermedades profesionales de la Seguridad Social
- III Jornada Sindical sobre Diversidad Afectivo-Sexual e Identidad de Género: “Necesidades y respuestas sociosanitarias”
- Muere otro trabajador por falta de medidas de seguridad
- CCOO se concentra contra los constantes incumplimientos de la normativa laboral en H&M

URCMA.N.I.A. es un proyecto de la Unión de Radios Libres y Comunitarias de Madrid