Qué es ANIA - Envía tus noticias - Contacto - Boletín - RSS |
Hay 29501 en A.N.I.A.
|
Despidos masivos en Unísono Recibida de CGT-Vigo el 26-05-2006 a las 06:05
O pasado mércores, día 24, a empresa de telemarketing Unisono Soluciones CRM, (Gran Vía nº 104, Vigo) entregou notificación de rescisión de contrato a 33 traballadores/as desta empresa, alegando a diminución de traballo e a aplicación do artigo 17 do convenio do sector que permite facelo. Esto supón que máis do 10% do cadro de persoal vai a rúa, o censo de traballadores o pasado día 18 de maio, día que se celebraron as eleccións sindicais na empresa por primeira vez, era de 284 traballadores/as. Sen tempo real para constituír efectivamente o Comité de Empresa, que repetimos e por primeira vez, a empresa non leva un ano en Vigo, a empresa fai esta actuación o que non se pode ver máis que como unha desmedida resposta empresarial a un intento de regularizar as relacións laborais neste centro de traballo.Quere repetir as actuacións feitas no centro de traballo de Xixón para que na práctica non haxa representación sindical, polo sistema de meter un medo cerval os traballadores/as. Este sector, onde traballan maioritariamente xente nova, moita dela universitaria subempregada e moitas mulleres, e tamén onde danse cotas moi altas de precariedade, de sucesión de contratos, de emprego temporal masivo, de despidos continuos polos altos ratios de productividade, despidos masivos como este, etc. A CGT, sindicato mais representativo nesta empresa, ademais de facer tódolos estudos e procedementos legais e analizar a documentación aportada pola empresa, que xa nunha primeira vista non presenta tódolos datos previstos polas normas e tampouco os aplica con exactitude, para ver de impedir este abuso empresarial, non esquece a necesidade de demostrar fehacentemente o noso rexeite a este despido masivo, por elo, e inicialmente ten convocado ós traballadores/as de Unisono-Vigo a concentrarse diante da empresa hoxe venres e o luns 29, desde as 14:00 horas, contamos que mais sindicatos con representatividade na empresa se sumen a esta iniciativa. |
Compartir
Más en Social y sindicatos - El Sindicato de Periodistas de Andalucía, contra la eliminación de los informativos de fin de semana en Canal Sur Radio - Los opositores a bombero vuelven a concentrarse en protesta por el proceso selectivo - CCOO de Madrid participará en la manifestación del Orgullo LGTB 2011 - La FeSP rechaza y condena las amenazas de Israel a los periodistas de la Flotilla de la Libertad - La plantilla de Zara dice ¡basta ya! - Despedidos los trabajadores en huelga del Departament de Territori - El Gobierno impone más recortes salariales a los trabajadores de mutuas de accidentes y enfermedades profesionales de la Seguridad Social - III Jornada Sindical sobre Diversidad Afectivo-Sexual e Identidad de Género: “Necesidades y respuestas sociosanitarias” - Muere otro trabajador por falta de medidas de seguridad - CCOO se concentra contra los constantes incumplimientos de la normativa laboral en H&M |
A.N.I.A. es un proyecto de la Unión de Radios Libres y Comunitarias de Madrid |