A.N.I.A. - inicioQué es ANIA - Envía tus noticias - Contacto - Boletín - RSS


Concentración, as 11:30 hs, diante do edificio da Xunta, na Pza da Estrela
Recibida de CGT-Vigo el 30-03-2006 a las 01:03

A Confederación Xeral do Traballo (CGT) realizou hoxe unha concentración

A Confederación Xeral do Traballo (CGT) realizou hoxe unha CONCENTRACIÓN, as 11:30 hs, diante do edificio da Xunta, na Pza da Estrela, en protesta e en contra da Nova Reforma Laboral, que están a negociar Goberno, Patronal e CCOO e UGT. Unhas cincuenta persoas, entre delegados/as e militantes de esta organización, amosamos, diante deste centro representativo do poder autonómico, a nosa oposición a un novo Pacto Social, que conleve novos perxuicios ós traballadores/as.

A Confederación Xeral do Traballo ( CGT ) está a facer unha campaña en contra dunha NOVA REFORMA LABORAL, que, según tódolos indicios, virá a empeorar no que cabe as condicións laborais e sociais dos traballadores e traballadoras. Os presupostos iniciais de partida non son nada esperanzadores para os intereses da crase obreira: abaratamento do despido, reducción das posibilidades de obter un contrato estable en condicións dignas, flexibilizala contratación por medio das subcontratas, reducción das cotizacións "empresariais" a Seguridade Social, etc., serán algunhas das consecuencias do pacto que están a argallar, si non somos capaces de frenalos.

Esta concentración e un paso máis nesta campaña que a CGT ten iniciado de información e resposta a Nova Reforma Laboral, unha campaña que terá continuación coa MANIFESTACIÓN , que co mesmo motivo, terá lugar en Pontevedra, mañán, venres 31, ás 20:00 hs. Con saí­da da Pza da Ferrerí­a de esa localidade.

A Federación Local de Vigo da CGT disporá de autocares para desprazarse a esta manifestación, que sairán hoxe, as 19:00 hs, desde o local do Sindicato.

A CGT convida a tódolos traballadores e traballadoras a este acto para amosar a nosa repulsa a Nova Reforma Laboral, polo que supón de empeoramento das nosas condicións laborais e sociais.

En Vigo, a 30 de marzo de 2006

Fdo. Mercedes Santos
Sª Xeral da Federación Local de Vigo de CGT




Compartir
Más en Social y sindicatos
- El Sindicato de Periodistas de Andalucía, contra la eliminación de los informativos de fin de semana en Canal Sur Radio
- Los opositores a bombero vuelven a concentrarse en protesta por el proceso selectivo
- CCOO de Madrid participará en la manifestación del Orgullo LGTB 2011
- La FeSP rechaza y condena las amenazas de Israel a los periodistas de la Flotilla de la Libertad
- La plantilla de Zara dice ¡basta ya!
- Despedidos los trabajadores en huelga del Departament de Territori
- El Gobierno impone más recortes salariales a los trabajadores de mutuas de accidentes y enfermedades profesionales de la Seguridad Social
- III Jornada Sindical sobre Diversidad Afectivo-Sexual e Identidad de Género: “Necesidades y respuestas sociosanitarias”
- Muere otro trabajador por falta de medidas de seguridad
- CCOO se concentra contra los constantes incumplimientos de la normativa laboral en H&M

URCMA.N.I.A. es un proyecto de la Unión de Radios Libres y Comunitarias de Madrid