A.N.I.A. - inicioQué es ANIA - Envía tus noticias - Contacto - Boletín - RSS


Comunicado de prensa - Sindicato Sanidade
Recibida de CGT-Vigo el 09-03-2006 a las 07:03

Expediente disciplinario como represalia sindical pola folga de tecnicos sanitarios, a Teresa Vázquez Arias, traballadora do Sergas.

A afiliada e delegada sindical da CGT no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) e, naqueles momentos, Secretaria Xeral da CGT de Galicia, Teresa Vázquez Arias, é ví­ctima dunha represalia sindical pola súa actuación na folga de técnicos sanitarios realizada o longo dos meses de outubro e novembro de 2005.
A gravidade das acusacións( lle achacan o non cumprir cos "servicios mí­nimos", non presentándose no seu posto de traballo no laboratorio de urxencias do Hospital Xeral de Vigo, nun dí­a de folga),e a representación que tiña do Sindicato ( delegada e Secretaria Xeral de Galicia) , nos obriga a pensar que por parte da Xerencia do CHUVI se fai un duro ataque a persoa de Teresa e a CGT, polo acaecido na folga de técnicos sanitarios.
A CGT non era sindicato convocante da folga, pero afiliadas si que a secundaron, entre elas a propia Teresa. En aras de contrarrestar as medidas antifolga da Dirección do Xeral, Teresa participou activamente en coordinar as actividades folguistas, e incluso, en nome de este Sindicato asinou unha denuncia a Inspección de Traballo para frear as prácticas ilegais da empresa, moitas das cales trala visita do Inspector non se continuaron facendo, polo que a incidencia da folga medrou.
Esta actividade sindical que menoscaba a autoridade da Dirección, queren cobrarlla de forma rápida e urxente, pois era público e notorio o seu inmediato traslado voluntario a Coruña. E a mellor forma atopáronlla cando notificou o uso de tempo sindical nunha quenda na que era ela a única traballadora na carteleira de quendas, polo cal serí­a nomeada "servicios mí­nimos".
Dicir primeiro ca notificación do tempo sindical fí­xose con 13 dí­as de antelación ( a obriga é só de 48 horas de antelación), antes de ser nomeada "servicio mí­nimo" ( que neste caso tamén e máximo), que no laboratorio existe un mecanismo habitual de substitución para este tipo de ausencias, que foi o que se utilizou finalmente, e que o uso dese tempo sindical lle era imprescindible para representar a CGT de Galicia, nunha importante xuntanza do Comité Confederal de España da CGT.
A consumación deste feito, no que Teresa tiña todo o dereito, e aproveitado pola Xerencia do CHUVI PARA incoarlle un expediente disciplinario por falta moi grave, que conleva como mí­nimo a sanción de dous anos de emprego e soldo, hasta a separación definitiva do servicio.
A CGT non vai permitir que esto vaia para diante, xa iniciou unha campaña informativa entre os traballadores do SERGAS, onte mesmo participamos nas concentracións convocadas polas asociacións de técnicos nos hospitais, e estamos dispostos a facer o necesario para botar abaixo este dilate da Xerencia.




Compartir
Más en Social y sindicatos
- El Sindicato de Periodistas de Andalucía, contra la eliminación de los informativos de fin de semana en Canal Sur Radio
- Los opositores a bombero vuelven a concentrarse en protesta por el proceso selectivo
- CCOO de Madrid participará en la manifestación del Orgullo LGTB 2011
- La FeSP rechaza y condena las amenazas de Israel a los periodistas de la Flotilla de la Libertad
- La plantilla de Zara dice ¡basta ya!
- Despedidos los trabajadores en huelga del Departament de Territori
- El Gobierno impone más recortes salariales a los trabajadores de mutuas de accidentes y enfermedades profesionales de la Seguridad Social
- III Jornada Sindical sobre Diversidad Afectivo-Sexual e Identidad de Género: “Necesidades y respuestas sociosanitarias”
- Muere otro trabajador por falta de medidas de seguridad
- CCOO se concentra contra los constantes incumplimientos de la normativa laboral en H&M

URCMA.N.I.A. es un proyecto de la Unión de Radios Libres y Comunitarias de Madrid